O estudante que fora sinalado en primeiro lugar como autor dos atentados de Boston vén de ser atopado morto.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo que o feito de que Yolanda Díaz lle chame "macarra" reflicte "a racionalidade e as ideas sesudas da lideresa de AGE".
#consellodaxunta Feijóo achácalle a Beiras o intento de afondar nunha "escalada de violencia" no Parlamento. A "agresividade" é "o contrario" dun Parlamento, di.
Un portavoz do Sindicato Unificado de Policía advirte de que os axentes actuarán "con contundencia" contra as mobilizacións convocadas para hoxe en torno ao Congreso dos Deputados. Recólleo La Información
#consellodaxunta Feijóo di que a EPA reflicte unha situación de "extraordinaria dificultade" pero salienta que "Galicia segue cun diferencial de cinco puntos por baixo da media" e é a "sexta comunidade con menor incremento" do desemprego.
#consellodaxunta A Xunta autoriza que o AVE pase por 22 hectáreas de montes en man común na provincia de Ourense para "facilitar a execución" da obra.
#consellodaxunta Feijóo anuncia un "plan de recuperación do sapoconcho común"
#consellodaxunta Feijóo anuncia que a Xunta "retoma" a tramitación parlamentaria da lei de inclusión social. Para o Consello Económico e Social esta norma trasládalles ás ONG competencias propias do Goberno galego.
CCOO e UGT realizarán nove manifestacións en Galicia o 1º de Maio. Cualifican de "escalofriantes" as cifras de desemprego. "Nos últimos anos, por cada décima que diminuíu o déficit o paro aumentou máis dun punto", din.
Balbina Gándara encabezará a única lista na Asemblea Nacional da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), que se celebra esta fin de semana. O secretario xeral saínte, Paulo Carlos López, pecha simbolicamente a lista de suplentes.