#consellodaxunta Feijóo achácalle a Beiras o intento de afondar nunha "escalada de violencia" no Parlamento. A "agresividade" é "o contrario" dun Parlamento, di.
Fálase
Un portavoz do Sindicato Unificado de Policía advirte de que os axentes actuarán "con contundencia" contra as mobilizacións convocadas para hoxe en torno ao Congreso dos Deputados. Recólleo La Información
#consellodaxunta Feijóo di que a EPA reflicte unha situación de "extraordinaria dificultade" pero salienta que "Galicia segue cun diferencial de cinco puntos por baixo da media" e é a "sexta comunidade con menor incremento" do desemprego.
#consellodaxunta A Xunta autoriza que o AVE pase por 22 hectáreas de montes en man común na provincia de Ourense para "facilitar a execución" da obra.
#consellodaxunta Feijóo anuncia un "plan de recuperación do sapoconcho común"
#consellodaxunta Feijóo anuncia que a Xunta "retoma" a tramitación parlamentaria da lei de inclusión social. Para o Consello Económico e Social esta norma trasládalles ás ONG competencias propias do Goberno galego.
CCOO e UGT realizarán nove manifestacións en Galicia o 1º de Maio. Cualifican de "escalofriantes" as cifras de desemprego. "Nos últimos anos, por cada décima que diminuíu o déficit o paro aumentou máis dun punto", din.
Balbina Gándara encabezará a única lista na Asemblea Nacional da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), que se celebra esta fin de semana. O secretario xeral saínte, Paulo Carlos López, pecha simbolicamente a lista de suplentes.
Yolanda Díaz critica a "actitude macarra" de Feijóo no Parlamento e lembra que non respondeu ás preguntas sobre a súa relación con Dorado. "O presidente da Xunta debe ser unha persoa seria", di.
A Universidade da Coruña saca as aulas á rúa para protestar contra os recortes e defender o ensino público. Profesores imparten clases aos alumnos nas prazas da cidade.