Diversos colectivos convocan a cidadanía a entoar o Grândola, vila morena a partir das 20:00 na Praza do Obradoiro de Compostela.
Fálase
Varios centos de persoas participan a esta hora en Madrid na marcha convocada para "asediar" o Congreso dos Deputados. Segundo recolle 20 Minutos xa foron detidos tres manifestantes no medio dun enorme dispositivo policial.
Denuncian que a Universidad de Córdoba, que organiza un curso de homeopatía veterinaria, "non toma o cancro en serio".
Le Monde salienta ao fío dos datos de paro coñecidos hoxe que España "sen a economía mergullada xa tería vivido unha revolución". O efecto desánimo deixa a poboación activa ao nivel de 2008. A taxa de paro xuvenil crece dous puntos até o 57,2%.
IU di non compartir o obxectivo da protesta do 25-A por "ficticio" e teme que poida ter "algún tinte violento"
O estudante que fora sinalado en primeiro lugar como autor dos atentados de Boston vén de ser atopado morto.
#consellodaxunta Feijóo que o feito de que Yolanda Díaz lle chame "macarra" reflicte "a racionalidade e as ideas sesudas da lideresa de AGE".
#consellodaxunta Feijóo achácalle a Beiras o intento de afondar nunha "escalada de violencia" no Parlamento. A "agresividade" é "o contrario" dun Parlamento, di.
Un portavoz do Sindicato Unificado de Policía advirte de que os axentes actuarán "con contundencia" contra as mobilizacións convocadas para hoxe en torno ao Congreso dos Deputados. Recólleo La Información
#consellodaxunta Feijóo di que a EPA reflicte unha situación de "extraordinaria dificultade" pero salienta que "Galicia segue cun diferencial de cinco puntos por baixo da media" e é a "sexta comunidade con menor incremento" do desemprego.