Está a xerar polémica a elección por parte da Xunta da escritora Marta Rivera de la Cruz como única representante do mundo da literatura nos actos oficiais do 8 de marzo, este ano centrados na figura de Rosalía de Castro. Rivera de la Cruz protagonizou polémicas posicións públicas a respecto da lingua galega e do seu uso no ensino e nas institucións.
