VÍDEO | O proxecto Apego lanza un vídeo para animar a falar galego coa infancia. A rede, impulsada dende a CTNL, está formada por unha vintena de concellos que aglutinan case á metade da poboación de Galicia.
Fálase
O Concello de Monterroso organiza un referendo para decidir a data das festas da vila. Cóntao El Progreso
O xulgado confirma o procesamento do PP polo borrado dos discos duros de Bárcenas. A xuíza vén de rexeitar os recursos formulados polo partido e mais a Fiscalía. Cóntao a SER
A CNN analiza as verdades e mentiras de Donald Trump e Hillary Clinton no seu primeiro debate cara ás presidenciais estadounidenses
O Goberno de Colombia e as FARC asinan a paz tras 52 anos de conflito. O acordo terá que ser ratificado polo referendo do vindeiro domingo.
Sánchez ergue o veto a negociar con Unidos Podemos e os soberanistas pero dimitirá se o Comité Federal do PSOE tomba o sábado a súa proposta de primarias e congreso. Cóntao eldiario.es
A dirección do PSdeG de Ferrol aproba abandonar o goberno local tras a retirada de competencias a tres dos seus edís por parte do alcalde. A decisión terá que ratificala a comisión executiva local. Cóntao Ferrol 360
ACS vende Urbaser a un grupo chinés. A empresa encárgase da planta de residuos da Coruña, da depuradora de Ferrol ou da recollida do lixo de Lugo, entre outras moitas subcontratas en Galicia.
Esta noite (dúas da madrugada en España) celebrarase o primeiro debate electoral entre Hillary Clinton e Donald Trump, de cara ás eleccións de novembro. Nas vindeiras semanas haberá outros dous.
O PNV gañou as eleccións vascas con claridade, obtendo 29 escanos (dous máis que en 2012). EH Bildu acadou 17 (-4). Podemos é a terceira forza, con 11 deputados/as. PSOE e PP fican en 9, perdendo sete e un con respecto a hai catro anos.