ÚLTIMA HORA | Arquivada a causa contra o edil de Culturas da Coruña polo cartel do Entroido. A Fiscalía pediu o arquivo da denuncia iniciada pola presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo e a xuíza aceptouno. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
O presidente do Parlamento expulsa do pleno o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, por protestar ante a intervención dunha deputada do PP no debate dunha iniciativa do PSdeG sobre o pagamento das pensións a emigrantes galegos en Venezuela.
O PP rexeita no Parlamento a ILP que buscaba blindar por lei o carácter público do Hospital de Montecelo, en Pontevedra. A iniciativa, apoiada por 11 mil sinaturas, foi defendida por Anxo Rincón, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, que denunciou as "carencias" que presenta a área sanitaria pontevedresa.
Extinguido un incendio forestal en Melón tras queimar 36 hectáreas. O lume iniciouse nas últimas horas do luns e permaneceu activo ata a tarde do martes. En Dozón, outro incendio queimou 30 hectáreas.
A Xunta cifra nun 40% a porcentaxe de alumnos e alumnas que non realizaron as probas de reválida de 6º de Primaria e de 4º de ESO celebradas este martes, un dato que os sindicatos elevan ata o 80%.
A reserva global de sementes no Ártico, asulagada por culpa do quencemento global. A instalación, situada no fondo dunha montaña na illa norueguesa de Spitsbergen, construíuse para superar calquera desastre natural, pero o rápido ascenso das temperaturas nos polos nos últimos anos pon en risco a súa integridade.
As xogadoras do Atlético de Madrid, gañadoras da Liga Feminina de Fútbol, recibirán unha prima de 54 euros polo título, fronte aos 300.000 euros por persoa que obterán os xogadores do Real Madrid, vencedores na Liga masculina. Cóntao Público.
Rajoy non participará no debate da moción de censura de Unidos Podemos, que será abordada o 13 de xuño no Congreso.
ÚLTIMA HORA O xulgado arquiva a investigación contra José Manuel Baltar por acoso e suborno ao non considerar acreditados os feitos. Máis información, esta tarde en Praza.gal
A CRTVG aproba unha ampla reestruturación da súa dirección co cesamento de 15 cargos e o nomeamento de 16. Segundo informa o ente público nun comunicado, as mudanzas responden á procura dun "mellor funcionamento do servizo público na nova etapa dixital". Os nomeamentos foron comunicados este martes ao consello de administración polo director xeral entran en vigor o vindeiro día 1 de xuño.