ÚLTIMA HORA O xulgado arquiva a investigación contra José Manuel Baltar por acoso e suborno ao non considerar acreditados os feitos. Máis información, esta tarde en Praza.gal
Fálase
A CRTVG aproba unha ampla reestruturación da súa dirección co cesamento de 15 cargos e o nomeamento de 16. Segundo informa o ente público nun comunicado, as mudanzas responden á procura dun "mellor funcionamento do servizo público na nova etapa dixital". Os nomeamentos foron comunicados este martes ao consello de administración polo director xeral entran en vigor o vindeiro día 1 de xuño.
As principais institucións do país gardan minutos de silencio en solidariedade coas vítimas do atentado de Manchester. Na imaxe, o inicio do pleno no Parlamento.
Unha manifestación percorre Ourense reclamando axudas directas tras as xeadas que acabaron coa colleita de centos de produtores. Máis información, hoxe en Praza.
VÍDEO | O edil do PP que propuxo "promocionar a aparición da Virxe" carga contra a concelleira de Turismo por non nacer na cidade e recoméndalle "volver á súa preciosa terra" xa que, di, non entende os "misterios" de Pontevedra. Rafael Domínguez criticou que a concelleira Anabel Gulías, como o resto do grupo do BNG e mais PSdeG e Marea, votasen contra a súa proposta que, afirma, podería "encher" os hoteis.
Elévase a 22 o número de persoas mortas no atentado de Manchester, cunhas 60 feridas. O Goberno británico ratifica que os feitos están a ser investigados como terrorismo e a Policía traballa coa hipótese dun ataque suicida. A xornada de campaña electoral no Reino Unido foi suspendida. Imaxe da BBC.
Dezanove persoas mortas e medio cento feridas nun atentado con explosivos en Manchester. O ataque produciuse ao remate dun concerto ao que acudira numerosa mocidade. Está a contalo eldiario.es
Pontón insta a Feijóo e Rueda a aclarar se "apadriñan" o "novo pelotazo" de Telmo Martín en Sanxenxo. "É esta a maneira en que entende a rexeneración democrática e a loita contra a corrupción?", cuestionou a líder do BNG ante o retorno do popular á alcaldía tras o pacto anunciado a pasada semana.
O pleno de Pontevedra rexeita cos votos de BNG, PSdeG e Marea a iniciativa do PP para promocionar as "aparicións marianas" na cidade. Os conservadores defenderon que o seu plan podía "encher" os hoteis da cidade. Cóntao Pontevedra Viva
Remata a corta dos eucaliptos da contorna do castelo de Soutomaior. En virtude do decidido pola Deputación de Pontevedra, os traballos implicaron a tala de "máis de 300" árbores que supuxeron "máis de 500 toneladas". A decisión foi tomada, indica a institución, "por razóns de protección medioambiental e beleza paisaxística".