Unha manifestación percorre Ourense reclamando axudas directas tras as xeadas que acabaron coa colleita de centos de produtores. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
VÍDEO | O edil do PP que propuxo "promocionar a aparición da Virxe" carga contra a concelleira de Turismo por non nacer na cidade e recoméndalle "volver á súa preciosa terra" xa que, di, non entende os "misterios" de Pontevedra. Rafael Domínguez criticou que a concelleira Anabel Gulías, como o resto do grupo do BNG e mais PSdeG e Marea, votasen contra a súa proposta que, afirma, podería "encher" os hoteis.
Elévase a 22 o número de persoas mortas no atentado de Manchester, cunhas 60 feridas. O Goberno británico ratifica que os feitos están a ser investigados como terrorismo e a Policía traballa coa hipótese dun ataque suicida. A xornada de campaña electoral no Reino Unido foi suspendida. Imaxe da BBC.
Dezanove persoas mortas e medio cento feridas nun atentado con explosivos en Manchester. O ataque produciuse ao remate dun concerto ao que acudira numerosa mocidade. Está a contalo eldiario.es
Pontón insta a Feijóo e Rueda a aclarar se "apadriñan" o "novo pelotazo" de Telmo Martín en Sanxenxo. "É esta a maneira en que entende a rexeneración democrática e a loita contra a corrupción?", cuestionou a líder do BNG ante o retorno do popular á alcaldía tras o pacto anunciado a pasada semana.
O pleno de Pontevedra rexeita cos votos de BNG, PSdeG e Marea a iniciativa do PP para promocionar as "aparicións marianas" na cidade. Os conservadores defenderon que o seu plan podía "encher" os hoteis da cidade. Cóntao Pontevedra Viva
Remata a corta dos eucaliptos da contorna do castelo de Soutomaior. En virtude do decidido pola Deputación de Pontevedra, os traballos implicaron a tala de "máis de 300" árbores que supuxeron "máis de 500 toneladas". A decisión foi tomada, indica a institución, "por razóns de protección medioambiental e beleza paisaxística".
A Comisión Europea confirma que recomenda retirar a Portugal os controis por déficit excesivo. España continuará sometida a eles xunto a Francia, Grecia e o Reino Unido -mentres continúe como Estado membro-. Está a contalo ao vivo o diario Público. O documento coas "recomendacións" da UE pódese consultar nesta ligazón.
Concellos galegos obteñen 35 millóns na segunda convocatoria dos fondos para desenvolvemento urbano sostible. Este segundo reparto inclúe 15 millóns asignados ao plan EDUSI da Coruña e outros 10, para o proxecto Ría de Ferrol, Cidade 2020. Os detalles, no BOE deste luns. No primeiro reparto xa se asignaran algo máis de 83 millóns a municipios de Galicia.
Portugal prevé que hoxe a UE lle permita abandonar o procedemento de déficit excesivo, o que relaxará os controis comunitarios sobre as súas contas. Cóntao o diario Público. O Goberno de España continuará, previsiblemente, baixo esas restricións.