A Xunta cifra nun 40% a porcentaxe de alumnos e alumnas que non realizaron as probas de reválida de 6º de Primaria e de 4º de ESO celebradas este martes, un dato que os sindicatos elevan ata o 80%.
Fálase
A reserva global de sementes no Ártico, asulagada por culpa do quencemento global. A instalación, situada no fondo dunha montaña na illa norueguesa de Spitsbergen, construíuse para superar calquera desastre natural, pero o rápido ascenso das temperaturas nos polos nos últimos anos pon en risco a súa integridade.
As xogadoras do Atlético de Madrid, gañadoras da Liga Feminina de Fútbol, recibirán unha prima de 54 euros polo título, fronte aos 300.000 euros por persoa que obterán os xogadores do Real Madrid, vencedores na Liga masculina. Cóntao Público.
Rajoy non participará no debate da moción de censura de Unidos Podemos, que será abordada o 13 de xuño no Congreso.
ÚLTIMA HORA O xulgado arquiva a investigación contra José Manuel Baltar por acoso e suborno ao non considerar acreditados os feitos. Máis información, esta tarde en Praza.gal
A CRTVG aproba unha ampla reestruturación da súa dirección co cesamento de 15 cargos e o nomeamento de 16. Segundo informa o ente público nun comunicado, as mudanzas responden á procura dun "mellor funcionamento do servizo público na nova etapa dixital". Os nomeamentos foron comunicados este martes ao consello de administración polo director xeral entran en vigor o vindeiro día 1 de xuño.
As principais institucións do país gardan minutos de silencio en solidariedade coas vítimas do atentado de Manchester. Na imaxe, o inicio do pleno no Parlamento.
Unha manifestación percorre Ourense reclamando axudas directas tras as xeadas que acabaron coa colleita de centos de produtores. Máis información, hoxe en Praza.
VÍDEO | O edil do PP que propuxo "promocionar a aparición da Virxe" carga contra a concelleira de Turismo por non nacer na cidade e recoméndalle "volver á súa preciosa terra" xa que, di, non entende os "misterios" de Pontevedra. Rafael Domínguez criticou que a concelleira Anabel Gulías, como o resto do grupo do BNG e mais PSdeG e Marea, votasen contra a súa proposta que, afirma, podería "encher" os hoteis.
Elévase a 22 o número de persoas mortas no atentado de Manchester, cunhas 60 feridas. O Goberno británico ratifica que os feitos están a ser investigados como terrorismo e a Policía traballa coa hipótese dun ataque suicida. A xornada de campaña electoral no Reino Unido foi suspendida. Imaxe da BBC.