A cooperativa Viña Costeira, elixida mellor adega do ano pola comunidade de afeccionados ao viño da publicación especializada verema.com. A do Ribeiro é a única presenza galega entre os tres primeiros postos das 13 categorías dos premios.

A cooperativa Viña Costeira, elixida mellor adega do ano pola comunidade de afeccionados ao viño da publicación especializada verema.com. A do Ribeiro é a única presenza galega entre os tres primeiros postos das 13 categorías dos premios.
A ONU insta a España a afastar nenos, nenas e adolescentes da tauromaquia. Así vén de pronunciarse o Comité das Nacións Unidas que avalía o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno. En Galicia a recentemente aprobada lei de espectáculos públicos prohibe só a entrada de menores de 12 anos en espectáculos taurinos en recintos pechados.
O independentismo pacta que Elsa Artadi sexa candidata de consenso a presidir a Generalitat en substitución de Puigdemont, que sería recoñecido simbolicamente. Avánzao RAC-1.
Nova xornada fría e intensas xeadas en Galicia, con temperaturas en negativo xeneralizadas. Alcazáronse os 0º en localidades costeiras como Foz ou Boiro e os -10º en Cabeza de Manzaneda.
Imputados dous antidisturbios polas cargas policiais do 1 de outubro en Catalunya. Está a contalo eldiario.es
Oleiros rexistra un terremoto de magnitude 3. O tremor, a 11 quilómetros de profundidade, tivo o seu epicentro na parroquia de Serantes pouco despois das 16 horas.
Deputación e Concello de Lugo reciben os xogadores e corpo técnico do Club Baloncesto Breogán tras lograren a Copa Princesa a pasada fin de semana ante o Manresa. O club breoganista recibiu nos últimos días os parabéns dos outros equipos galegos da LEB Ouro, Básquet Coruña e Ourense, e mais do representante galego na ACB, o Obradoiro.
Os sindicatos falan dun "seguimento masivo" da folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia, que comezou este mércores un paro indefinido que paralizará centos de xuízos e procedementos xudiciais.
As nevaradas están a causar problemas en múltiples puntos da rede viaria galega, tamén en vías de alta capacidade como a autovía A-6 nas provincias de Lugo e A Coruña -na imaxe, á altura de Montesalgueiro, onde a vía foi cortada-. Os detalles pódense consultar neste mapa.
Neve, frío e alerta laranxa na costa nesta xornada de inverno en Galicia. Haiacumulacións de neve no interior da provincia da Coruña e de Lugo e temperaturas por baixo dos -6º en Ourense.