Imputados dous antidisturbios polas cargas policiais do 1 de outubro en Catalunya. Está a contalo eldiario.es

Imputados dous antidisturbios polas cargas policiais do 1 de outubro en Catalunya. Está a contalo eldiario.es
Oleiros rexistra un terremoto de magnitude 3. O tremor, a 11 quilómetros de profundidade, tivo o seu epicentro na parroquia de Serantes pouco despois das 16 horas.
Deputación e Concello de Lugo reciben os xogadores e corpo técnico do Club Baloncesto Breogán tras lograren a Copa Princesa a pasada fin de semana ante o Manresa. O club breoganista recibiu nos últimos días os parabéns dos outros equipos galegos da LEB Ouro, Básquet Coruña e Ourense, e mais do representante galego na ACB, o Obradoiro.
Os sindicatos falan dun "seguimento masivo" da folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia, que comezou este mércores un paro indefinido que paralizará centos de xuízos e procedementos xudiciais.
As nevaradas están a causar problemas en múltiples puntos da rede viaria galega, tamén en vías de alta capacidade como a autovía A-6 nas provincias de Lugo e A Coruña -na imaxe, á altura de Montesalgueiro, onde a vía foi cortada-. Os detalles pódense consultar neste mapa.
Neve, frío e alerta laranxa na costa nesta xornada de inverno en Galicia. Haiacumulacións de neve no interior da provincia da Coruña e de Lugo e temperaturas por baixo dos -6º en Ourense.
O voceiro do PP no Congreso, Rafael Hernando, ve "deplorable banalizar o consumo de drogas" e na mesma comparecencia pregunta "que herbas usan no almorzo" os independentistas cataláns.
Fomento anuncia EVA, un novo servizo de AVE de baixo custo que comezará a operar entre Barcelona e Madrid en 2019, no décimo aniversario da liña. En Galicia a Xunta asume que o último treito do AVE á Meseta, nas proximidades de Ourense, non estará rematado ata 2024.
O Supremo mantén no cárcere a Jordi Sànchez, ex-líder da ANC e deputado electo. O Tribunal argumenta o auto apoiándose en que Sànchez aposta pola vía "unilateral" e fai mención explícita á súa ideoloxía como causa para seguir preso. Está a contalo eldiario.es
Villar Mir nega ante o xuíz do caso Púnica que a súa empresa participara no amaño do Metro e defende a “transparencia” coa que sempre actuou. Está a contalo eldiario.es. En Galicia hai medio ano o PP impediu investigar os contratos da Xunta con Villar Mir para non “destruír a democracia”.