Esperanza Aguirre: "Beiras debería visitar o seu médico; véxoo un pouco desatendido". A ex presidenta da Comunidade de Madrid carga contra o líder de AGE durante unha visita a Vigo.
Fálase
Hoxe celebrouse en Ferrol unha concentración de "solidariedade" con Xesús Anxo López Pintos, o sindicalista da CIG detido e ferido pola Policía en Ferrol durante os protestas do naval no inicio da campaña electoral
Unha deputada grega cualifica de "infrahumanos" aos inmigrantes. A parlamentaria neonazi de Amencer Dourado negouse a retirar o seu comentario tras a polémica na Cámara helena.
#eleccións21O O secretario xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, e o director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Gonzalo Ordóñez, serán os encargados de anunciar os resultados das eleccións, o domingo pola noite dende San Caetano
A Marcha a Monte Pío na defensa dos servizos públicos achégase xa á residencia oficial do presidente da Xunta, onde se celebrará unha "chourizada" de protesta contra os recortes aos funcionarios. Imaxe de @xabiervillares.
Interior quere prohibir que se tomen imaxes de policías nas manifestacións. Cóntao El Diario.
#eleccións21O A Xunta informa de que habilita "transporte institucional gratuíto en 130 concellos" para ir votar nas eleccións do domingo
Julián Hernández escríbelle unha carta aberta a Núñez Feijoo sobre as súas descualificacións aos "nacionalistas que tocan pianos". O líder de Siniestro Total lémbralle que "a música non é precisamente a nena bonita dentro dos intereses culturais non só de Galicia, senón de toda España. E agora vostede introduce a palabra pianista como descualificación nos seus discursos".
Un exdirectivo de Novacaixagalicia di que era Pego quien informaba dos contratos ao consello e ao Banco de España. Óscar Rodríguez Estrada tamén terá que comparecer cada quince días nos xulgados.
Os pais consideran a folga no ensino "un éxito" a nivel estatal. A Ceapa cifra o seguimento do paro entre "o 70% e o 80%", mentres o Ministerio de Educación rebáixao ao 23%.