O Goberno italiano aproba o rescate do Monte dei Paschi. O Executivo aprobou nunha xuntanza de urxencia, pasada a medianoite, un decreto que o dota de 20.000 millóns de euros para garantir a liquidez dos bancos en problemas
Fálase
Galicia suma 103 vítimas mortais nas estradas no que levamos de 2016, fronte ás 91 de todo 2015. Será o primeiro ano con incremento de falecementos dende o 2000.
Enagás espera cobrar unha compensación millonaria se se pecha a regasificadora de El Musel, en Xixón, que foi declarada ilegal polo Supremo en febreiro. A instalación, que custou 378 millóns, incumpre o Regulamento de Actividades Molestas e Perigosas, ao igual que Reganosa.
Errejón pide amplos acordos a Iglesias para non confrontar en Vistalegre 2. O axustado resultado do referendo reforza o poder negociador de Errejón.
A Autoridade Portuaria da Coruña aproba a privatizacións dos terreos da Solana co voto contrario do Concello, que aposta polo carácter público das instalacións. A venda proporcionaría uns 4 millóns de euros ao Porto, que busca reducir a débeda de 300 millóns xerada polo proxecto de Punta Lagosteira.
PSOE (20,2%) e Unidos Podemos (20,7%) rematan o ano en empate técnico en intención de voto, segundo a enquisa de Celeste-Tel que hoxe publica El Diario. O PP (35,9%) subiría dous puntos dende xuño e Ciudadanos (12,7%) baixaría unhas décimas
VÍDEO | Así soou o himno galego no regreso da selección feminina de fútbol aos terreos de xogo, oito anos despois. O máis destacado do Galicia-Catalunya, este serán en Praza.
Baltar pai e fillo recusan a xuíza que instrúe a causa contra o presidente da Deputación de Ourense por presunto acoso, suborno e tráfico de influencias. Cóntao a edición ourensá de Faro de Vigo
'A nación das Mulleres'. A revista Luzes e Nós TV xuntan este xoves en Santiago a Alexandra Fernández (En Marea), Ana Pontón (BNG), Carmela Silva (PSdeG) e Marta Lois (Compostela Aberta) para debateren sobre o papel das mulleres na política e nos liderados. O encontro celébrase ás 20:00 no Matadoiro, na antiga Casa da Xuventude
O presunto asasino de Ana Enjamio ingresa na prisión da Lama ante o risco de fuga e de destrución de probas. O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo superará neste ano os 1.300 asuntos tratados. Só este martes catro mulleres pediron ordes de afastamento contra as súas parellas ou ex parellas. 14 homes atópase nestes momentos en prisión preventiva á espera de xuízo.