Errejón pide amplos acordos a Iglesias para non confrontar en Vistalegre 2. O axustado resultado do referendo reforza o poder negociador de Errejón.
Fálase
A Autoridade Portuaria da Coruña aproba a privatizacións dos terreos da Solana co voto contrario do Concello, que aposta polo carácter público das instalacións. A venda proporcionaría uns 4 millóns de euros ao Porto, que busca reducir a débeda de 300 millóns xerada polo proxecto de Punta Lagosteira.
PSOE (20,2%) e Unidos Podemos (20,7%) rematan o ano en empate técnico en intención de voto, segundo a enquisa de Celeste-Tel que hoxe publica El Diario. O PP (35,9%) subiría dous puntos dende xuño e Ciudadanos (12,7%) baixaría unhas décimas
VÍDEO | Así soou o himno galego no regreso da selección feminina de fútbol aos terreos de xogo, oito anos despois. O máis destacado do Galicia-Catalunya, este serán en Praza.
Baltar pai e fillo recusan a xuíza que instrúe a causa contra o presidente da Deputación de Ourense por presunto acoso, suborno e tráfico de influencias. Cóntao a edición ourensá de Faro de Vigo
'A nación das Mulleres'. A revista Luzes e Nós TV xuntan este xoves en Santiago a Alexandra Fernández (En Marea), Ana Pontón (BNG), Carmela Silva (PSdeG) e Marta Lois (Compostela Aberta) para debateren sobre o papel das mulleres na política e nos liderados. O encontro celébrase ás 20:00 no Matadoiro, na antiga Casa da Xuventude
O presunto asasino de Ana Enjamio ingresa na prisión da Lama ante o risco de fuga e de destrución de probas. O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo superará neste ano os 1.300 asuntos tratados. Só este martes catro mulleres pediron ordes de afastamento contra as súas parellas ou ex parellas. 14 homes atópase nestes momentos en prisión preventiva á espera de xuízo.
Xulio Ferreiro acusa a Autoridade Portuaria de "deslealdade" por acordar a poxa do complexo da Solana sen informar ao Concello e negándose a venderllo de forma directa á cidade da Coruña. A Comisión Aberta en Defensa do Común convoca unha concentración, esta tarde ás 17.30 horas, para exixir a devolución gratuita da Solana e do Hotel Finisterre ao Concello.
A banca resístese ao pagamento automático aos afectados polas hipotecas con cláusulas solo. As entidades non ofrecerán devolucións automáticas aos seus clientes e aseguran que analizarán caso por caso cada unha das hipotecas. O Tribunal Supremo celebrará un pleno extraordinario sobre as cláusulas solo
Os alcaldes da Coruña e Vigo manteñen unha xuntanza oficial por primeira vez en 25 anos. Xulio Ferreiro e Abel Caballero mantiveron unha xuntanza "de cortesía" aproveitando a visita do rexedor vigués á casa consistorial coruñesa para a inauguración do retrato oficial de Francisco Vázquez. Cadansúas áreas metropolitanas, sinalan, foron o centro dos temas abordados no encontro, que se repetirá en Vigo co gallo do vindeiro encontro entre Celta e Dépor.