Os alcaldes da Coruña e Vigo manteñen unha xuntanza oficial por primeira vez en 25 anos. Xulio Ferreiro e Abel Caballero mantiveron unha xuntanza "de cortesía" aproveitando a visita do rexedor vigués á casa consistorial coruñesa para a inauguración do retrato oficial de Francisco Vázquez. Cadansúas áreas metropolitanas, sinalan, foron o centro dos temas abordados no encontro, que se repetirá en Vigo co gallo do vindeiro encontro entre Celta e Dépor.
