A banca resístese ao pagamento automático aos afectados polas hipotecas con cláusulas solo. As entidades non ofrecerán devolucións automáticas aos seus clientes e aseguran que analizarán caso por caso cada unha das hipotecas. O Tribunal Supremo celebrará un pleno extraordinario sobre as cláusulas solo
Fálase
Os alcaldes da Coruña e Vigo manteñen unha xuntanza oficial por primeira vez en 25 anos. Xulio Ferreiro e Abel Caballero mantiveron unha xuntanza "de cortesía" aproveitando a visita do rexedor vigués á casa consistorial coruñesa para a inauguración do retrato oficial de Francisco Vázquez. Cadansúas áreas metropolitanas, sinalan, foron o centro dos temas abordados no encontro, que se repetirá en Vigo co gallo do vindeiro encontro entre Celta e Dépor.
Arquivada a causa de Jimmy, asasinado por ultras do Frente Atlético en Madrid. O caso péchase sen culpables da súa morte. Máis información, hoxe en Praza.
O Movemento Galego en Defensa das Pensións Publicas manifestouse este martes en Vigo e Pontevedra para denunciar a actual situación do sistema público de pensións, cun "alto risco" de desaparecer
Galicia completa o seu cuarto ano de total parálise eólica. Dende o 2010, ano en que o Goberno de Feijoo anulou o concurso eólico do Bipartito, só se instalaron 72 megavatios eólicos.
Ferroatlántica rebaixa de 96 a 20 os empregos que crearía a planta de carbón que propón construír en Galicia se a Xunta lle permite vender as centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas ye Grande
Concorridas concentracións rexeitan a violencia machista por toda Galicia tras os asasinatos en Vigo e Santiago. Na imaxe, A Coruña
As vítimas de Angrois serán escoitadas na Comisión de Peticións da Eurocámara o vindeiro 24 de xaneiro, segundo a citación que lles foi remitida este martes e á que tivo acceso Praza.gal
Aznar anuncia a súa renuncia á presidencia de honra do PP. Así o vén de comunicar a través da súa web.
A selección galega de fútbol feminina anuncia a súa convocatoria para o partido do vindeiro xoves ante Catalunya. Entre elas, a mundialista Verónica Boquete ou as dianteiras do Valencia, Mari Paz Vilas ou Belén Fernández. Ademais, hai catro xogadoras do Deportivo, dúas do Matamá, dúas do Friol, dúas do Olivo e unha do Oiartzun, Arousana, Victoria, Sárdoma e Atlético de Madrid.