Portugal vive hoxe a xornada de reflexión previa ás eleccións municipais deste domingo. O xornal Público debulla o contexto políticico no que se celebran as Autárquicas 2017
Fálase
Organizacións ultracatólicas intensifican os ataques ao papa Francisco e cualifícano de "herexe" publicamente. Unha reportaxe de Jesús Bastante
Falece aos 95 anos o emblemático fotógrafo coruñés Alberto Martí, que encabezaba a Cociña Económica da cidade. Recólleo La Opinión
Veciñanza e familias comezan a ocupar colexios en Catalunya para tentaren impedir que sexan pechados para evitar o referendo.
O major dos Mossos ordena desaloxar os colexios cataláns antes das seis da mañá do domingo e facelo sen violencia. Indícao nunha instrución sobre o referendo á que tivo acceso Catalunya Plural
Fomento adía como mínimo ata 2019 a solución á néboa da A-8, inaugurada en 2014. O ministerio asina aínda agora un convenio co de Economía para financiar probas de prototipos a próxima primavera e elixir o invento que implantará na zona non antes da temporada de néboas de 2019.
O Govern da Generalitat presenta as urnas que pretende empregar no referendo do 1-O. Unha delas foi amosada na comparecencia na que Junqueras, Turull e Romeva presentaron o dispositivo da consulta, celebrada no centro de prensa aberto pola empresa Mediapro, na que os medios deben pagar para poder ter acceso.
Labregos cataláns organizan unha tractorada en apoio ao referendo. Á iniciativa da Unió de Pagesos uníronse uns 2.000 tractores, segundo a organización, arredor da metade en Tarragona e uns 400 deles en Barcelona.
A débeda pública da Xunta situouse no segundo trimestre de 2017 nos 11.363 millóns de euros. Son 219 millóns máis que no trimestre anterior, pero 636 máis que un ano antes, o que implica un crecemento de case o 6% interanual. Podes ampliar a información aquí
A Audiencia da Coruña condena un ex-directivo de Blu Sens por fraude no IVE e fai responsable á compañía tecnolóxica liderada por José Ramón García (na imaxe). Cóntao Economía Digital Galicia