Labregos cataláns organizan unha tractorada en apoio ao referendo. Á iniciativa da Unió de Pagesos uníronse uns 2.000 tractores, segundo a organización, arredor da metade en Tarragona e uns 400 deles en Barcelona.
Fálase
A débeda pública da Xunta situouse no segundo trimestre de 2017 nos 11.363 millóns de euros. Son 219 millóns máis que no trimestre anterior, pero 636 máis que un ano antes, o que implica un crecemento de case o 6% interanual. Podes ampliar a información aquí
A Audiencia da Coruña condena un ex-directivo de Blu Sens por fraude no IVE e fai responsable á compañía tecnolóxica liderada por José Ramón García (na imaxe). Cóntao Economía Digital Galicia
A UE sitúa Ourense e parte das provincias da Coruña e Pontevedra entre as áreas de maior risco de incendios polo hábitat disperso e a construción no propio monte.
Inspección de Traballo promete ante a Xunta que non multará a familiares e amigos que axuden no campo
Susana Díaz desoe o veto de Ferraz e o PSOE andaluz aproba no Parlamento a moción de Ciudadanos de apoio á actuación do Goberno de Rajoy no conflito catalán.
Unha sondaxe de GAPS prevé unha participación do 63% no referendo. A actuación do Goberno central incrementou en 600.000 a cifra de cataláns decididos a votar. O 74% considera que o Executivo actuou de forma "autoritaria"
O Goberno central anula a súa axenda exterior ante o temor a unha declaración unilateral de independencia de Cataluña que, di, podería producirse o 3 ou 4 de outubro.
O proxecto Apego, Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía, Óliver Laxe, a Fundación Rosalía e Cristina Pato recibirán os Premios da Cultura Galega 2017. O xurado vén de ditaminalo.
O PP critica a Conferencia Episcopal por apostar polo "diálogo" en Catalunya e recomenda que deixe "a política aos políticos". As críticas dos populares e de medios conservadores á nota da Igrexa sobre o referendo catalán chegan anos despois de que a cúpula eclesiástica se manifestase xunto ao propio PP contra decisións do Goberno de Zapatero.