O proxecto Apego, Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía, Óliver Laxe, a Fundación Rosalía e Cristina Pato recibirán os Premios da Cultura Galega 2017. O xurado vén de ditaminalo.
Fálase
O PP critica a Conferencia Episcopal por apostar polo "diálogo" en Catalunya e recomenda que deixe "a política aos políticos". As críticas dos populares e de medios conservadores á nota da Igrexa sobre o referendo catalán chegan anos despois de que a cúpula eclesiástica se manifestase xunto ao propio PP contra decisións do Goberno de Zapatero.
Xunta e Concello de Lugo acordan a contratación do equipamento do novo Auditorio da cidade, inaugurado hai ano e medio e que permanece pechado. O Goberno galego autorizou este xoves o convenio co Concello polo que o primeiro asume o custo de 3,7 millóns de euros e o segundo lle elimina o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de varios edificios sanitarios autonómicos situados na cidade.
A Xunta tarda catro anos en desenvolver a lei de prazos da sanidade que abre a porta a transferir pacientes á privada. A lei aprobouse en decembro de 2013, o decreto non comezou a tramitarse ata un ano despois e agora recibe o visto bo do Goberno galego coa súa aprobación no Consello deste xoves.
ÚLTIMA HORA | O Congreso aproba a comisión de investigación sobre o accidente de Angrois co único voto en contra do PP. Consulta aquí toda a información
Ada Colau pídelles axuda aos alcaldes e alcaldesas das capitais europeas para que UE medie no conflito catalán. A misiva foi tamén publicada en The Guardian
A Xunta presume dun aumento de dependentes atendidos e o BNG critícalle que "saque peito" cun 25% das persoas con dereiro á atención aínda agardando
Facenda quere multar os veciños e veciñas que axuden en tarefas agrícolas. Unións Agrarias denuncia a acción de funcionarios da Inspección de Traballo "escoltados pola Garda Civil". Medio Rural pídelle ao Ministerio que "sexa consciente da realidade galega", onde a axuda entre veciños e amigos "é habitual".
O 92% das persoas que participaron no refererendo de autodeterminación do Kurdistán iraquí apoiaron a independencia do territorio, rexeitada tanto por Irak, Irán e Turquía, que ameazan con tomar represalias.
O Tribunal Constitucional fará garda a fin de semana para evitar a creación dunha nova sindicatura electoral en Cataluña. A Generalitat recoñeceu aos medios de comunicación que está lista para designar novos síndicos o mesmo domingo, para así levar a cabo o reconto.