O alcalde de Zaragoza pide a suspensión da autonomía de Cataluña. O socialista Belloch insiste en que a finalidade de ETA e do proceso catalán son a mesma.
Fálase
O 'número dous' de Berlusconi racha co seu líder e pide votar a favor de Letta para non romper o goberno italiano.
O BNG e Anova reúnense mañá en Compostela para abordar as posibilidades de conformación dunha candidatura para as eleccións europeas.
Anova e Izquierda Unida reuníronse esta mañá en Compostela para "intercambiar posicionamentos e opinións sobre a necesaria ruptura democrática" e a súa "posíbel incidencia nas vindeiras eleccións europeas". Na xuntanza, enmarcada no "panel de contactos coas forzas políticas nacionalistas galega se da esquerda rupturista", participaron Xosé Manuel Beiras e o secretario de organización de IU, Miguel Reneses.
A Mesa lamenta o "paso atrás" de Renfe, que recupera a utilización de toponimia galega deturpada como La Coruña ou Orense.
Este verán o xornal luso Público comezou a publicar na súa sección Portugueses Com Certeza historias de mozos e mozas "com talento espalhados pelo mundo". Este martes tráenos a historia de João Medeiros, xornalista, que pasou de estar no paro en Portugal a converterse en Londres en editor de Ciencia da revista Wired.
A cooperativa de enerxía verde Som Energia chega aos 10.000 socios, despois de tres anos en activo. Busca “transformar o modelo enerxético actual, converténdose nun actor económico do mercado enerxético, pero promocionando as enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a implicación da cidadanía".
A biblioteca virtual Bivir chega xa ás 170 obras mestras da literatura universal, traducidas ao galego e dispoñibles en pdf para a súa descarga de balde.
Google lanza Google Web Designer, unha ferramenta que permite crear anuncios en HTML5, linguaxe compatible e unificada para todos os usuarios e plataformas.
O Consello Xeral do Traballo Social pide a retirada do programa de TVE Entre todos. Os traballadores e traballadoras sociais considérano "un claro ataque ao Estado do Benestar e á universalidade dos dereitos sociais" e cren que "só supón un parche para os problemas das familias, cuxa dignidade non se respecta. O comunicado íntegro, na súa web.