El Cosmonauta amosará os seus primeiros 12 minutos da súa longametraxe este luns na sesión Work In Progress de Cinemad
Fálase
O PP solicitou esta mañá a constitución da comisión de investigación sobre as antigas caixas galegas no Parlamento galego. Máis información, hoxe en Praza.
A nacionalidade española ten prezo: 160.000 euros. O Goberno daralles permiso de residencia aos estranxeiros que merquen unha vivienda cun prezo superior a esa cantidade.
A Delegación do Goberno autoriza unha manifestación da Falange para o vindeiro sábado. Renderán unha homenaxe a Primo de Rivera.
Este luns entra en vigor a prohibición de realizar pagamentos en metálico de máis de 2.500 euros. A Axencia Tributaria vén de habilitar un espazo en internet para denunciar incumprimentos desta norma.
Un veciño de Vigo inicia unha folga de fame diante dunha sede de Ibercaja para pedir que o banco acepte cancelar a súa débeda hipotecaria a cambio da entrega da vivenda, segundo informa a SER. Explica que cumpre con todos os requisitos recollidos no código de boas prácticas que asinou a entidade. Porén, Bancaja afirma que a aplicación deste código é "voluntaria". Imaxe de @desihdzleon.
O 84% da cidadanía de Catalunya amósase en desacordo co modelo territorial do Estado. Revélao unha enquisa da Cadena SER, que lle outorga o triunfo electoral a CiU pero sen maioría absoluta.
A banca aposta por dar máis hipotecas e construír máis casas para rematar coa exclusión social. Así o vén de asegurar o presidente da Asociación Española da Banca nun almorzo informativo.
O Goberno ofrece non pagar impostos para atraer multinacionais a España. A oferta permite non tributar polos dividendos ou participacións en beneficios xerados polas compañías filiais. Cóntao El Economista.
O resultado global da crise en España: Diminúen os salarios e aumentan os beneficios empresariais. Só en 2012 a forte caída de emprego provocou que os asalariados perdan 25.842 millóns de euros mentres os empresarios gañan uns 12.000 millóns.