O 84% da cidadanía de Catalunya amósase en desacordo co modelo territorial do Estado. Revélao unha enquisa da Cadena SER, que lle outorga o triunfo electoral a CiU pero sen maioría absoluta.
O 84% da cidadanía de Catalunya amósase en desacordo co modelo territorial do Estado. Revélao unha enquisa da Cadena SER, que lle outorga o triunfo electoral a CiU pero sen maioría absoluta.
A banca aposta por dar máis hipotecas e construír máis casas para rematar coa exclusión social. Así o vén de asegurar o presidente da Asociación Española da Banca nun almorzo informativo.
O Goberno ofrece non pagar impostos para atraer multinacionais a España. A oferta permite non tributar polos dividendos ou participacións en beneficios xerados polas compañías filiais. Cóntao El Economista.
O resultado global da crise en España: Diminúen os salarios e aumentan os beneficios empresariais. Só en 2012 a forte caída de emprego provocou que os asalariados perdan 25.842 millóns de euros mentres os empresarios gañan uns 12.000 millóns.
Sin Permiso publica senllas entrevistas a Joan Herrera (ICV) e a David Fernàndez (CUP) a unha semana das eleccións do 25N
El Periódico cualifica de "bipolar" o debate das eleccións catalás que este domingo pola noite televisou TV3 centrado no soberanismo e os recortes
El Mundo denuncia que o conseller de Interior, Felip Puig, recibiu 250.000 euros do Palau segundo documentos incautados a Millet
Doce persoas dunha mesma familia morren en Gaza despois de que a súa casa fose alcanzada por un cohete israeli. Xa son 82 os palestinos mortos dende que o mércores Israel comezou os ataques. Obama afirma que Israel ten "dereito a defenderse".
Coincidindo coa folga de recollida do lixo en Madrid, está tendo moito éxito unha iniciativa que chama a depositar as bolsas nas portas dos bancos. O hashtag #tubasuraalbanco é trending topic en twitter.
O blog Diario de Palestina conta en directo como se están vivindo nos territorios ocupados os ataques do exército israeli