Galicia é de Primeira!
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fcbc6d713438-165814_4036250635427_1556552829_3268301_780550671_n.jpg)
Galicia é de Primeira!
O Deportivo felicita o Celta na súa páxina web. A través dun e-mail Lendoiro expresoulle "a nosa sinceira e agarimosa noraboa" por este novo éxito do fútbol galego
Vigo xa celebra o ascenso do Celta. A festa continúa en Balaídos mentres se enche praza América.
Remata o primeiro tempo en Balaídos. Celta 0 - Córdoba 0. Nin un remate a porta, nin un saque de esquina e tan só unha falta. Ningún dos dous equipos arrisca. No Madrigal, Villarreal B e Deportivo tamén empatan sen goles. O Valladolid iguala 1-1 co Guadalajara.
O Alondras perde pola mínima en Santander ante o Racing B (1-0) e terá que remontar na volta para seguir na loita polo ascenso a Segunda B.
Balaídos, ateigado, agarda o ascenso do seu equipo a Primeira División.
O Alondras perde 1-0 no Sardinero ante o Racing de Santander B, cando está a pique de rematar o partido
George Soros di que Alemaña ten "tres meses para salvar o euro", segundo publica The Telegraph
O Cerceda gaña 2-1 ao Fuenlabrada no partido de ida da súa eliminatoria de ascenso a 2ºB. Adiantouse Joselu para os galegos (28'), empatou Pachón (53') e marcou Souto o gol definitivo (57')
O Cerceda adiántase no Roxo ao Fuenlabrada no partido de ida da súa eliminatoria de ascenso a 2ªB. Joselu marcou no minuto 28 para poñer o 1-0