O BNG ratifica a Ana Pontón como voceira parlamentaria, con Olalla Rodil na primeira viceportavocía e Montse Prado, na segunda. Así o vén de avanzar a tamén portavoz nacional do Bloque en rolda de prensa.
Fálase
A Fiscalía Anticorrupción rexeita o intento do PP e o resto de defensas para anular o xuízo da Gürtel. Cóntao eldiario.es
Hillary Clinton e Donald Trump protagonizan o seu segundo e tenso debate electoral xusto despois do escándalo do vídeo con comentarios machistas do candidato republicano á Presidencia dos Estados Unidos
Este luns comezan os interrogatorios nos xuízo da Gürtel. A Fiscalía pediu que comecen polos tres acusados que semellan agora dispostos a colaborar coa Xustiza.
O PP instruíu cargos locais sobre como burlar controis ao financiamento do partido, segundo publica El Mundo
O Lugo empata ante o Mirandés (2-2) e mantense invicto e nos primeiros postos da Segunda División.
Luís Villares cre que Feijóo "non durará como presidente catro anos" e di que o obrigaron "case polas orellas" a presentarse ás eleccións. Nunha entrevista en Radio Galicia, o portavoz de En Marea asume que o "proceso constituínte" da formación fíxose "demasiado tarde" e que iso o aproveitou o PP.
O Obradoiro volve caer, desta vez na casa ante o Estudiantes (64-73) e continúa sen coñecer a vitoria na Liga ACB.
Un vídeo de eldiario.es revela unha conversa de Susana Díaz cos baróns antes da caída de Pedro Sánchez no Comité Federal do PSOE.
TVG e a RTP portuguesa emitiron este sábado un programa conxunto desde o San Froilán. Ambas as dúas canles repiten a experiencia do ano pasado coa emisión de Aquí Galicia e Aquí Portugal.