O Congreso debate se pedir para España un cambio no fuso horario, adoptando o UTC 00:00 (unha hora menos) que seguen Portugal, Reino Unido ou Canarias, e máis axustado á hora solar, buscando unha racionalización dos horarios laborais, para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
Fálase
Inditex mantén resultados e aumenta as vendas un 6%. A compañía obtivo no primeiro semestre un beneficio neto de 951 millóns de euros.
Unha nova investigación amosa que os suicidios aumentaron na crise económica. O número de suicidas creceu un 3,3% ao ano seguinte do crac bancario de 2008, segundo un estudo en 54 países.
O xuíz toma declaración dende hoxe aos cargos de Adif imputados polo sinistro de Angrois
Preocupación en Zarzuela polos escasos avances na recuperación da saúde do Rei, tras as imaxes vistas durante a apertura do ano xudicial.
O custe do despido cae un 13% pola reforma laboral, publica El Diario.
Dilma Rousseff cancela a súa viaxe oficial a Washington polo caso Snowden
Os xornalistas de TVE denuncian manipulación na cobertura do caso Bárcenas na televisión pública. Esixen a dimisión do director de Contidos dos Servizos Informativos, José Gilgado, por engadir datos que se demostraron falsos
Mariló Montero cualifica o Toro de la Vega de "festa marabillosa". Xustifica a súa emisión na televisión pública afirmando que se trata dunha "tradición ancestral que se celebra dende hai milleiros de anos"
Expulsan da tribuna do Congreso o deputado de ERC Alfred Bosch, que falou en inglés para amosar o rexeitamento ao decreto lingüístico de Balears, contra o que o profesorado das illas está en folga indefinida.