O xuíz toma declaración dende hoxe aos cargos de Adif imputados polo sinistro de Angrois
Fálase
Preocupación en Zarzuela polos escasos avances na recuperación da saúde do Rei, tras as imaxes vistas durante a apertura do ano xudicial.
O custe do despido cae un 13% pola reforma laboral, publica El Diario.
Dilma Rousseff cancela a súa viaxe oficial a Washington polo caso Snowden
Os xornalistas de TVE denuncian manipulación na cobertura do caso Bárcenas na televisión pública. Esixen a dimisión do director de Contidos dos Servizos Informativos, José Gilgado, por engadir datos que se demostraron falsos
Mariló Montero cualifica o Toro de la Vega de "festa marabillosa". Xustifica a súa emisión na televisión pública afirmando que se trata dunha "tradición ancestral que se celebra dende hai milleiros de anos"
Expulsan da tribuna do Congreso o deputado de ERC Alfred Bosch, que falou en inglés para amosar o rexeitamento ao decreto lingüístico de Balears, contra o que o profesorado das illas está en folga indefinida.
Sete feridos no Toro de la Vega, un deles grave. Ao finalizar o linchamento do touro, un cento de cabalistas con lanzas achegouse a un grupo de manifestantes, increpándoos e lanzándolles pedras. A páxina web de turismo de Tordesillas foi hackeada durante horas e nela só se podía ver unha mensaxe contra este espectáculo de tortura animal.
O Tribunal Constitucional rexeita por nove votos contra dous recusar o seu presidente por militar no PP.
Un estudo da Universidade de Vigo, dirixido polo profesor Alberto Pena, salienta o potencial da publicidade en galego e denuncia as negativas consecuencias derivadas da rebaixa do uso do idioma por parte da Xunta. O estudo destaca a Adegas Martín Códax, Pescanova ou R, como exemplos dun cambio en positivo.