Sete feridos no Toro de la Vega, un deles grave. Ao finalizar o linchamento do touro, un cento de cabalistas con lanzas achegouse a un grupo de manifestantes, increpándoos e lanzándolles pedras. A páxina web de turismo de Tordesillas foi hackeada durante horas e nela só se podía ver unha mensaxe contra este espectáculo de tortura animal.
