Centos de traballadores das ambulancias reclaman en Compostela "un convenio xusto" e manteñen o conflito que levou á folga esta semana, que se reiniciará o 4 de marzo e pasará a indefinida de non haber un acordo antes.
Fálase
O arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto obtén o Premio Nacional de Arquitectura que concede o Ministerio de Fomento. Entre a súa abondosa obra figura o Mercado de Santa Lucía ou o Museo de Belas Artes na Coruña, a residencia oficial de Monte Pío en Santiago ou o Museo da Conserva na Illa de Arousa. En 2008 a Xunta outorgáralle un dos Premios Nacionais da Cultura daquel ano. (Imaxe: Real Academia Galega de Belas Artes)
Albert Rivera recupera a súa cruzada lingüística para a campaña e proclama que, se del depende, en "todos" os colexios o castelán será lingua vehicular "e ao que non lle guste, que se aguante". O líder de Ciudadanos basea esta advertencia nunha suposta distinción legal entre lingua "común" e linguas "cooficiais". Na última década este partido lanzou numerosas iniciativas contra o uso do galego en múltiples ámbitos, tamén no ensino.
Fracasan no Congreso as negociacións sobre o novo modelo de pensións con Unidos Podemos e o PP como principais forzas discordantes. Esta análise de eldiario.es explica o acontecido na comisión do Pacto de Toledo
Algoritmo millennial: a ameaza de facerse adulto en Pontevedra. O guionista Óscar Cruz achéganos a súa visión da mocidade na boa vila nesta peza de Vinte
Camila Bossa, David Amor, Xulio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias conducirán a gala dos Mestre Mateo, que dirixe Sonia Méndez. Os actores e atrices guiarán o público "por unha viaxe temporal polo audiovisual galego", avanza a Academia, que vén de divulgar a través da TVG o tráiler do evento. A gala celébrase o 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclama ao presidente do Parlamento Europeo que impida un acto do partido de extrema dereita Vox no recinto parlamentario, onde Antonio Tajani vetou unha conferencia de Carles Puigdemont.
O Tribunal Constitucional volve sentenciar que o Goberno de Rajoy e a maioría de PP e Ciudadanos na Mesa do Congreso saltaron a Constitución para vetar o trámite de leis, desta volta sobre unha iniciativa de Unidos Podemos. Este foi o procedemento que empregaron para vetar durante dous anos a lei para o traspaso da AP-9.
A dirección do PP de Casado rexeita a moderación que reclaman publicamente algúns dirixentes autonómicos cara aos procesos electorais. "O noso electorado quere contundencia", xustifica. Crónica de eldiario.es
Ciudadanos ratifica que tras as eleccións xerais "non vai pactar co PSOE". O partido de Albert Rivera afirma que a decisión foi adoptada por "unanimidade" da súa dirección.