Cancelado o concerto de Albert Pla en Xixón tras dicir que lle daba "noxo" ser español. O Concello suspendeu o espectáculo do catalán a iniciativa do PP.
Fálase
Deportivo e Lugo caen eliminados na Copa do Rei. Os branquiazuis perderon en Xaén (2-0) e os albivermellos, ante o Recreativo de Huelva (1-0).
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) organizan varias actividades esta semana con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que rebautizan como Día contra a riqueza. O vindeiro mércores presentarán na Praza do Rei de Vigo a ILP por unha Renda Básica
A CEOE pide despido gratis para o primeiro ano de todos os contratos fixos, estendendo así o período de proba presente nos contratos para emprendedores
A empresa canadiana de capital risco Solid Resources proxecta abrir en tres anos en Forcarei a meirande mina de tantalio de Europa
O Comité Olímpico Internacional insta á candidatura de Barcelona a renunciar a organizar os xogos de inverno de 2022. O alcalde da cidade anunciará hoxe o abandono do proxecto.
O colexio de Os Dices (Rois), campión do concurso de robótica Volare Space Robotics Competition, que organiza a Axencia Espacial Europea e que se celebrou en Holanda.
Editan en HTML5 o popular videoxogo Super Mario Bros para xogar online. Aínda está en fase beta pero xa pode ser utilizado, polo momento só co navegador Google Chrome.
A Xunta anuncia que "manterá" o orzamento de cooperación exterior nas contas de 2014. Isto implica manter o recorte acumulado dun 65% nestas partidas.
Galiza Ano Cero lanza un adianto do seu programa de debate, que estreará mañá. Neste primeiro espazo abordarán a utilidade dos parlamentos.