Dez entidades impulsan o nacemento do Arquivo Histórico do Nacionalismo Galego. O novo arquivo recompila un amplo fondo con milleiros de documentos históricos que agora poden ser consultados nun portal web. As entidades que o impulsan son a Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Castelao, Fundación Galiza Sempre, Fundación Losada Diéguez, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras e Fundación Vicente Risco, xunto con Murguía Revista Galega de Historia e o Museo do Pobo Galego.
