O xuíz Ruz imputa a Bárcenas por un delito fiscal do PP en 2008. O partido tería recibido doazóns ilegais e a responsabilidade caería sobre o que era administrador das contas da formación.
Fálase
Feijóo cala logo da condena ao narco Dorado por branquear cando eran amigos. O presidente da Xunta negouse a contestar a unha pregunta sobre a posibilidade de que o delincuente aproveitase as súas viaxes con el para branquear os cartos.
A FCC estadounidense aproba a nova proposta de neutralidade da rede, que lles impide aos operadores priorizar o tráfico da red a través de vías rápidas. Internet será cualificado ao nivel do servizo telefónico en canto a dereitos sen chegar, iso si, a ser considerado un servizo universal
Martinsa Fadesa será liquidada, despois de que os seus acreedores rexeitasen a derradeira proposta de convenio da inmobiliaria. A empresa ten débedas que roldan os 7.000 millóns de euros.
O ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, presenta o Plan Nacional para a abordaxe da Hepatite C, que incorpora 752 millóns de euros para tratar cos novos fármacos 52 mil pacientes, dos 95 mil afectados pola enfermidade en España. A unha boa parte dos beneficiario negóuselles o tratamento durante os últimos meses.
#TTIP A BBC publica unha filtración dun bosquexo do tratado de comercio que está a negociar a UE cos Estados Unidos.
A Marea Atlántica anuncia unha Coruña "libre de desafiuzamentos" se goberna a cidade. Farao "custo o que custe" e aínda que haxa "represalias", segundo manifestou o seu candidato á alcaldía, Xulio Ferreiro, na súa presentación pública, na que tamén advertiu que os posibles pactos postelectorais serían decididos pola cidadanía "en referendo".
A produtora do vídeo de Enrique Iglesias di que a gravación foi "proposta" da Xunta e que o gasto de 300.000 euros contribuíu a "dinamizar a economía do país galego en tempos de crise". O comunicado, publicado ante a "publicación dalgún artigo crítico" sobre o "financiamento" da montaxe, pódese ler íntegro na web de Universal Music.
Varias manifestacións estudantís percorren xa as rúas de vilas e cidades galegas contra o decreto 3+2 e por un ensino "público e de calidade". Máis información, hoxe en Praza. Fotografía de @galizanova.
Xulio Ferreiro, candidato da Marea Atlántica, márcase como obxectivo "ser o novo alcalde da Coruña" na presentación pública que fixo hoxe e na que anunciou unha candidatura que cumprirá sempre "o mandato da cidadanía" e que "terá que gobernar a cidade".