Varias manifestacións estudantís percorren xa as rúas de vilas e cidades galegas contra o decreto 3+2 e por un ensino "público e de calidade". Máis información, hoxe en Praza. Fotografía de @galizanova.
Fálase
Xulio Ferreiro, candidato da Marea Atlántica, márcase como obxectivo "ser o novo alcalde da Coruña" na presentación pública que fixo hoxe e na que anunciou unha candidatura que cumprirá sempre "o mandato da cidadanía" e que "terá que gobernar a cidade".
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realizará este xoves un encontro dixital (ás 16.30 nos seus perfís de Facebook e Twitter) no que Xosé María Torres, da ONGD Farmamundi, debaterá coas e cos internautas sobre temas como a Hepatite C, o ébola, o impacto das farmacéuticas no Sur ou os xenéricos.
A Plataforma Cidadá Defender O Público-A Casa Da Xuventude é nosa presentou recurso ante o xulgado contencioso administrativo de Santiago solicitando a toma da medida cautelar de paralización do proceso de derrubo da Casa da Xuventude.
Condenado por falsificar facturas o ex edil do PP de Santiago Juan de la Fuente. De la Fuente foi tamén un dos concelleiros inhabilitados por prevaricación cuxa condena motivou a caída de Ángel Currás. Recólleo La Voz
A economía galega medrou un 0,4% en 2014, a metade do previsto pola Xunta nos Orzamentos do pasado ano. Datos completos no IGE
El Mundo desvela o gráfico policial que identificou os asasinos de Jimmy, membro dos Riazor Blues asasinado por ultras do Frente Atlético en Madrid hai tres meses.
O conservador Fernando Suanzes, novo fiscal superior de Galicia. Recibiu sete votos do Consello Fiscal fronte aos catro que apoiaron o progresista Carlos Varela.
Medio Rural apoia agora que zonas queimadas se poidan recualificar sen agardar 30 anos. A Xunta cre que así asegura evitar o boicot "por medio dos incendios" a obras de interese xeral.
As Marchas da Dignidade saíron á rúa nas sete cidades galegas reivindicando "pan, traballo e teito" e animando a acudir a Madrid a outra gran marcha que se celebrará o vindeiro 21 de marzo.