Condenado por falsificar facturas o ex edil do PP de Santiago Juan de la Fuente. De la Fuente foi tamén un dos concelleiros inhabilitados por prevaricación cuxa condena motivou a caída de Ángel Currás. Recólleo La Voz
Fálase
A economía galega medrou un 0,4% en 2014, a metade do previsto pola Xunta nos Orzamentos do pasado ano. Datos completos no IGE
El Mundo desvela o gráfico policial que identificou os asasinos de Jimmy, membro dos Riazor Blues asasinado por ultras do Frente Atlético en Madrid hai tres meses.
O conservador Fernando Suanzes, novo fiscal superior de Galicia. Recibiu sete votos do Consello Fiscal fronte aos catro que apoiaron o progresista Carlos Varela.
Medio Rural apoia agora que zonas queimadas se poidan recualificar sen agardar 30 anos. A Xunta cre que así asegura evitar o boicot "por medio dos incendios" a obras de interese xeral.
As Marchas da Dignidade saíron á rúa nas sete cidades galegas reivindicando "pan, traballo e teito" e animando a acudir a Madrid a outra gran marcha que se celebrará o vindeiro 21 de marzo.
Os 17 ex políticos en eléctricas e gasistas do Ibex cobraron 3,16 millóns en 2014. Iberdrola, Gas Natural Fenosa, Endesa, REE e Enagás tiñan once ex altos cargos do PP, cinco do PSOE e un de CiU nos seus consellos de administración.
Besteiro nega a posibilidade de pactos de goberno PP-PSOE: "Somos auga e aceite", asegurou nun encontro informativo do Colexio de Xornalistas
Estudantes do campus de Pontevedra inician ás 20 horas un peche na Facultade de Belas Artes, convocado pola Liga Estudantil, en apoio á folga e manifestacións deste xoves. O Sindicato de Estudantes fala de "apoio masivo" na primeira das dúas xornadas de paro nos centros de ensino.
Ciudadanos inclúe o repagamento sanitario no seu programa. O partido de Albert Rivera propón un modelo de xestión sanitaria semellante ao das fracasadas fundacións hospitalarias que exclúa as persoas migrantes sen permiso de residencia. Cóntao a Cadena SER