Medio Rural apoia agora que zonas queimadas se poidan recualificar sen agardar 30 anos. A Xunta cre que así asegura evitar o boicot "por medio dos incendios" a obras de interese xeral.
Fálase
As Marchas da Dignidade saíron á rúa nas sete cidades galegas reivindicando "pan, traballo e teito" e animando a acudir a Madrid a outra gran marcha que se celebrará o vindeiro 21 de marzo.
Os 17 ex políticos en eléctricas e gasistas do Ibex cobraron 3,16 millóns en 2014. Iberdrola, Gas Natural Fenosa, Endesa, REE e Enagás tiñan once ex altos cargos do PP, cinco do PSOE e un de CiU nos seus consellos de administración.
Besteiro nega a posibilidade de pactos de goberno PP-PSOE: "Somos auga e aceite", asegurou nun encontro informativo do Colexio de Xornalistas
Estudantes do campus de Pontevedra inician ás 20 horas un peche na Facultade de Belas Artes, convocado pola Liga Estudantil, en apoio á folga e manifestacións deste xoves. O Sindicato de Estudantes fala de "apoio masivo" na primeira das dúas xornadas de paro nos centros de ensino.
Ciudadanos inclúe o repagamento sanitario no seu programa. O partido de Albert Rivera propón un modelo de xestión sanitaria semellante ao das fracasadas fundacións hospitalarias que exclúa as persoas migrantes sen permiso de residencia. Cóntao a Cadena SER
As Marchas da Dignidade celebran manifestacións este serán nas sete cidades galegas
A Xunta prorroga un mes o reforzo no xulgado do caso Pokémon tras as queixas da xuíza De Lara, segundo recolle Europa Press
Praza Pública é hoxe a web do día na iniciativa '21 días co galego' que organiza o IES da Pobra para fomentar o uso da lingua galega entre o seu alumnado
Rumbo a Gaza lanza unha campaña de crowdfunding para colaborar na organización dunha nova Frota da Liberdade, que esta primavera buscará outra vez rachar o bloqueo marítimo imposto por Israel