Praza Pública é hoxe a web do día na iniciativa '21 días co galego' que organiza o IES da Pobra para fomentar o uso da lingua galega entre o seu alumnado
Fálase
Rumbo a Gaza lanza unha campaña de crowdfunding para colaborar na organización dunha nova Frota da Liberdade, que esta primavera buscará outra vez rachar o bloqueo marítimo imposto por Israel
Lanzan unha petición online para alertar do proxecto que pretende ocupar unha parte do parque de Bens, na Coruña, coas instalacións dun Museo da Automoción da Fundación Jove. Trátase dun espazo verde moi utilizado por deportistas ou persoas con animais.
Compromiso por Galicia presenta este serán a súa candidatura ás municipais en Santiago, encabezada por Xosé Antón López, gañador das primarias abertas do partido na cidade.
O Tribunal Constitucional anula parcialmente a lei de consultas catalá e declara anticonstitucional convocar referendos xerais, aínda que non consultas sectoriais.
O fiscal investiga por prevaricación a Medio Rural ao contratar helicópteros. Un informe de Consello de Contas censuras as adxudicacións a Inaer, a empresa que opera a maioría dos medios aéreos da Xunta.
A nova materia de Relixión inclúe rezos en clase e suprime referencias a outras confesións. O Goberno central vén de publicar os currículos para Primaria e Secundaria.
A UPG cualifica a Podemos de "trapallada propagandística" e acúsao de medrar a través de "infiltracións" como as sufridas polo BNG.
Estoupa un artefacto explosivo nunha sucursal bancaria en Tui sen causar feridos. A desaparición de cartos fai dubidar se foi un atentado ou un atraco.
O perfil de Enrique Iglesias en Twitter anuncia, con mención á Xunta, a "estrea" do vídeo que o Goberno galego financiou con 300.000 euros. A montaxe xa foi difundida por varios medios a pasada fin de semana.