A Universidade da Coruña investirá Doutor Honoris Causa ao profesor Boaventura de Sousa Santos, nun acto académico que terá lugar no Paraninfo da UDC este mércores ás 12 horas
Fálase
A xustiza belga rexeita a extradición do rapeiro Valtònyc a España
O Liceo da Coruña logra a Supercopa de hockey tras se impoñer 3-2 ao Barcelona nun disputado encontro. Imaxe difundida polo club coruñés.
Seguen os incendios que atinxen aos parques do Xurés e do Invernadoiro. As estimacións da Xunta indican que atinxen a unhas 32 e 20 hectáreas, respectivamente. Na imaxe, traballos extinción no Invernadoiro o pasado sábado; foi tomada por bombeiros forestais da Brif Laza.
O lanzamento do cuarto satélite galego adíase ata o vindeiro mes de decembro. O Lume 1 forma parte do do proxecto europeo Fire-RS, que coordina a Universidade de Vigo e nos que tamén participan as de Porto e Toulouse, que ten como obxectivo crear unha rede de detección temperá de incendios forestais. Este cubesat tomará o relevo dos exitosos XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpent (2015)
Fight on a swedish beach, do sueco Simon Vahlne, gaña a Ánfora de Ouro do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que rematou este sábado despois de nove días de actividades e programación. Matria (Álvaro Gago) obtivo o Premio R á Mellor Curta Galega e o Premio do Público e a francesa Fool time) job fíxose coa Ánfora de Prata.
Os equipos infantil e xuvenil do Bastavales apoian este domingo a comunidade educativa do IES de Brión, que dende hai uns días protesta contra os recortes de profesorado no centro. Nais e pais continuarán este luns o peche iniciado o xoves e seguirán sen enviar os seus fillos e fillas a clase.
O persoal de Seaga inicia este domingo unha folga indefinida que denuncia a súa "discriminación" no acceso a prazas do Servizo de Protección e Defensa contra Incendios Forestais (Spdcif).
O informe de expertos sobre a titularidade da Mezquita de Córdoba conclúe que nunca pertenceu á Igrexa e certifica que a súa propiedade sempre estado ligada ao Estado. Propoñen elevar un recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional co obxectivo de anular a inmatriculación
Nais e pais do IES de Brión protestan nun acto do conselleiro de Educación polos recortes de profesorado no centro. Despois de iniciar un peche este xoves, este venres decidiron en asemblea que o luns seguirán sen enviar o estudantado ao centro se non hai os mestres e mestras necesarias "para garantir un ensino de calidade"