As traballadoras de Cuca regresan ao traballo. Aceptan momentaneamente, á espera dunha resolución dun recurso xudicial, a oferta de Garavilla de desenvolver a súa actividade na planta do Grove, pero contando o desprazamento dende Vilaxoán dentro da súa xornada laboral. Porén, subliñan que "esta non é a sentenza".
Fálase
O Celta saca un valioso punto ante o Athletic de Bilbao (0-0) en Balaídos e mantense lonxe dos postos de descenso.
O PP recúa no último minuto e recibirá a familia de José Couso, o xornalista galego asasinado en Irak.
Un centro de maiores de Santiago queda sen obradoiros de memoria gratuítos polos recortes da Xunta. Usuarios e usuarias denuncian que non poden facerlles fronte aos 50 euros que lles cobrarán a partir de agora.
O pleno do Parlamento comeza esta mañá a tramitar a reforma electoral coa que o PP pretende recortar a Cámara. Tamén abordará a alternativa formulada polo BNG. Toda a información, hoxe en Praza.
O Congreso dos Deputados acolle hoxe unha votación secreta sobre o dereito ao aborto a instancias do PSOE.
O Goberno central traballa nunha baixada do IVE para as touradas, segundo adianta El Economista.
Ignacio Escolar traza en El Diario un perfil de Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno central en Galicia durante o Prestige e actual director da Garda Civil. "Mentiu durante a marea negra e volveuno facer agora, coa traxedia de Ceuta", na que morreron 15 persoas migrantes.
O Consello Galego de Universidades aproba que unha universidade privada aragonesa imparta titulacións en Galicia. Fíxoo coa oposición dos tres reitores galegos. En Faro de Vigo
O Porto de Ferrol pagoulles 22.000 a conselleiros que non foron ás xuntanzas. Cóntao El País.