O comité intercentros chama á "participación de todo o persoal" na folga que mañá comeza na CRTVG. Culpa do "desmantelamento" á actual dirección, que convocou o comité de folga para unha xuntanza o vindeiro xoves.
Fálase
Falece unha muller en Viveiro por mor das fortes chuvias que asolagaron o centro da localidade. O desbordamento do río en Ponte Labrada anegou vivendas, garaxes e baixos comerciais, segundo informa o 112.
A CRTVG publica os servizos mínimos para a primeira parte da folga nos medios públicos, que comeza mañá con paros de dúas horas. Estes servizos mínimos foron aprobados sen acordo coa representación do persoal mobilizado tras rachar a negociación.
Unha concentración na Alameda de Santiago de Compostela protestou contra o proxecto mineiro de Touro-O Pino, cualificado como "a ameaza dun novo Prestige" para o río Ulla e a ría de Arousa
O PSdeG-PSOE celebra este domingo as primarias para elixir os seus candidatos ás alcaldías da Coruña, Ferrol e Ourense. Catro aspirantes na cidade herculina e dous en cada unha das outras cidades optan á designación. No resto de localidades de máis de 20 mil habitantes xa foron escollidos os candidatos.
Os "Cortegadaos" de Cortegada e "Pequenos Besbellos" de Pontevedra gañan o certame Quero Cantar da Deputación da Coruña
Un terremoto de 3,8 graos sentiuse en boa parte do sur da provincia de Pontevedra. O tremor produciuse ás 20:55 horas, con centro entre Monção e Melgaço. En agosto Taboada sufriu un terremoto de 4 graos e na pasada primavera Ponte Caldelas experimentou un enxame sísmico, con varias ducias de tremores. Un de 5,1 graos (en Triacastela, en 1997) segue a ser o maior dos rexistrados en Galicia dende que hai medicións precisas.
O BNG celebrou un acto en Lugo para conmemorar o centenario da Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que tivo lugar na cidade o 17 e 18 de novembro de 1918 e do Manifesto considerado "acta fundacional do nacionalismo galego"
O persoal de Alcoa levou a cabo unha concentración na Praza de María Pita, na Coruña, para esixir a continuidade da factoría, que emprega a 400 traballadores. Esta semana a multinacional prolongou o prazo para negociar o ERE de extinción formulado e aceptou negociar co Goberno central unha posible venda das plantas afectadas.
As sete cidades galegas deberán restrinxir o tráfico antes de catro anos para reducir a contaminación, limitando a circulación de vehículos privados, de acordo co anteproxecto de Lei de Cambio Climático que prepara o Goberno central. As esixencias serán maiores para Vigo, A Coruña e Ourense. Case 800.000 coches entran todos os días nas sete cidades galegas