Unha concentración na Alameda de Santiago de Compostela protestou contra o proxecto mineiro de Touro-O Pino, cualificado como "a ameaza dun novo Prestige" para o río Ulla e a ría de Arousa
Fálase
O PSdeG-PSOE celebra este domingo as primarias para elixir os seus candidatos ás alcaldías da Coruña, Ferrol e Ourense. Catro aspirantes na cidade herculina e dous en cada unha das outras cidades optan á designación. No resto de localidades de máis de 20 mil habitantes xa foron escollidos os candidatos.
Os "Cortegadaos" de Cortegada e "Pequenos Besbellos" de Pontevedra gañan o certame Quero Cantar da Deputación da Coruña
Un terremoto de 3,8 graos sentiuse en boa parte do sur da provincia de Pontevedra. O tremor produciuse ás 20:55 horas, con centro entre Monção e Melgaço. En agosto Taboada sufriu un terremoto de 4 graos e na pasada primavera Ponte Caldelas experimentou un enxame sísmico, con varias ducias de tremores. Un de 5,1 graos (en Triacastela, en 1997) segue a ser o maior dos rexistrados en Galicia dende que hai medicións precisas.
O BNG celebrou un acto en Lugo para conmemorar o centenario da Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que tivo lugar na cidade o 17 e 18 de novembro de 1918 e do Manifesto considerado "acta fundacional do nacionalismo galego"
O persoal de Alcoa levou a cabo unha concentración na Praza de María Pita, na Coruña, para esixir a continuidade da factoría, que emprega a 400 traballadores. Esta semana a multinacional prolongou o prazo para negociar o ERE de extinción formulado e aceptou negociar co Goberno central unha posible venda das plantas afectadas.
As sete cidades galegas deberán restrinxir o tráfico antes de catro anos para reducir a contaminación, limitando a circulación de vehículos privados, de acordo co anteproxecto de Lei de Cambio Climático que prepara o Goberno central. As esixencias serán maiores para Vigo, A Coruña e Ourense. Case 800.000 coches entran todos os días nas sete cidades galegas
O Encontro pola Cultura celebrado este venres en Vigo encheu o Salón de Actos do do I.E.S Politécnico. O colectivo CAÍN denuncia que "hai unha absoluta falta de democracia na cidade de Vigo" nos ámbitos cultural e social.
Este venres pechou a derradeira mina de carbón do Bierzo, Pozo Salgueiro, en Santa Cruz de Montes. Infobierzo relata a histórica xornada para a comarca nesta reportaxe (foto: Salgueiro)
A derradeira leición do mestre de Castelao exporase en Ourense antes de regresar á Arxentina. Así o vén de acordar o Centro Galicia de Bos Aires coa Deputación ourensá. O cadro está exposto na Cidade da Cultura ata o 3 de marzo, no marco da mostra Castelao maxistral.