Este venres pechou a derradeira mina de carbón do Bierzo, Pozo Salgueiro, en Santa Cruz de Montes. Infobierzo relata a histórica xornada para a comarca nesta reportaxe (foto: Salgueiro)
Fálase
A derradeira leición do mestre de Castelao exporase en Ourense antes de regresar á Arxentina. Así o vén de acordar o Centro Galicia de Bos Aires coa Deputación ourensá. O cadro está exposto na Cidade da Cultura ata o 3 de marzo, no marco da mostra Castelao maxistral.
O Foro Económico de Galicia demanda unha "estratexia de país" para o tren de mercadorías. No seu documento esixe a integración entre ferrocarril e portos e pide que o Parlamento lidere a reivindicación
Theresa May reafírmase no acordo acadado para o Brexit a pesar da división do seu partido e da dimisión de oito altos cargos do seu Goberno. A primeira ministra non conta con votos suficientes para aprobar o plan no Parlamento, pero o sector crítico do Partido Conservador tampouco suma os apoios necesarios para destituíla
A comisión que estuda os delitos sexuais decide recuperar o termo violación no Código Penal (eliminado en 1995), unindo os abusos nun único delito con diferentes agravantes, sendo violación o máis grave.
A Mesa denuncia na Eurocámara o incumprimento da Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias por parte do Estado e a Xunta da man da eurodeputada Ana Miranda. A entidade xa advertiu ao Consello de Europa de que o Goberno galego segue a vulnerar os dereitos lingüísticos no país.
A Xunta tramita un novo decreto para facilitar a implantación de máis gasolineiras que rebaixen o prezo dos carburantes despois de que o decreto que aprobou en 2015 non lograse avances. O Goberno galego tamén divulga unha Circular de boas prácticas para que esas aperturas non sexan obstaculizadas polos Concellos, aos que atribúe parte do elevado prezo dos combustibles en Galicia.
Feijóo láiase de que a Xunta ten "moitas dificultades para prohibir" un festival musical organizado por colectivos independentistas cataláns no Centro Galego de Bruxelas. "O Goberno galego descoñecía esta actividade e a rexeita", afirmou o presidente na rolda de prensa tras o Consello do Goberno galego, onde admitiu que se trata "dunha entidade privada". O festival 12 hores per la llibertat une a varias bandas na sala La Tentation, espazo cultural do Centro Galego na capital belga que acolle numerosas actividades.
Unha incidencia técnica impediu á TVG emitir en directo durante esta mañá e obrigou á canle pública a substituír a programación habitual por contidos gravados. Tivo ademais que trasladar a emisión do Telexornal a un plató diferente do habitual, segundo detalla a CRTVG nun comunicado.
O Athletic de Bilbao vence no trofeo Teresa Herrera da Coruña tras gañar ao Deportivo por 0-1 no torneo feminino e impoñerse aos penaltis no masculino tras rematar o encontro con empate a 2 goles.