A multa da Comisión Europea a Apple abre a porta a sancións a outras multinacionais, como Microsoft, Facebook, Pepsi ou Disney, que asinaron acordos fiscais con países como Irlanda, Holanda ou Luxemburgo.
Fálase
Pedro Sánchez chama ás "forzas do cambio" a "entenderse" para "poñer fin ao goberno de Rajoy". O líder do PSOE participa en Sigüeiro na Festa do PSdeG-PSOE para apoiar a Xaquín Fernández Leiceaga, candidato socialista á Presidencia da Xunta
A Deputación da Coruña rescatará a concesión dos 10 parques de bombeiros da provincia. Os e as traballadoras confían en que a Xunta non poña "obstáculos" e sinalan que pode ser un proceso longo a realizar entre 2016 e 2017
A Cadena Ser despide o xornalista Fernando Berlín, colaborador da emisora nos últimos 18 anos. O responsable do exitoso programa online La Cafetera únese a Ignacio Escolar, tamén descartado pola SER hai uns meses.
Vén de comezar en Vigo a manifestación pola sanidade pública, que conmemora o primeiro aniversario da histórica marcha que o pasado ano sacou á rúa a 200 mil persoas e reitera as críticas contra as privatizacións e os recortes
O PP programa un gran mitin na praza de touros de Pontevedra para o vindeiro 10 de setembro, coa intervención de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo. Esperan reunir 10.000 persoas.
Unha investigación xornalística sinala que o líder da banda Massive Attack, Robert 3D Del Naja, podería ser o líder do colectivo que realiza as obras de Banksy
O probable ascenso da extrema dereita de Alternativa para Alemaña (AfD) marca as eleccións deste domingo en Macklemburgo-Pomerania
O Goberno tentará colocar a José Manuel Soria, que tivo que dimitir polos seus negocios en paraísos fiscais, como director executivo do Banco Mundial. Anunciouno xusto despois de rematar a fracasada sesión de investidura.
O PP de Ourense tentará impedir no Constitucional que David Rodríguez sexa candidato de En Marea. A dirección que encabeza José Manuel Baltar vén de anunciar a formulación dun recurso de amparo ante o tribunal de garantías tras desestimar a súa demanda un xulgado de Ourense.