Cifran en case 700.000 os vehículos afectados pola fraude de Volkswagen no Estado. Cóntao eldiario.es
Fálase
O xuíz non pretende acusar a ninguén pola morte de Jimmy malia as revelacións dunha testemuña protexida que identificou os supostos asasinos. Catro das seis persoas inculpadas por este testemuño xa foran deixadas en liberdade en maio.
O PSOE ratifica a expulsión de Carlos Príncipe, exalcalde de Vigo, por "menoscabar" a imaxe do partido. O proceso víñase desenvolvendo dende hai máis de tres anos. Recólleo La Voz
O ministro do Interior vólvelle conceder unha condecoración a unha Virxe mentres está pendente un ditame xudicial pola anterior. Cóntao eldiario.es
Unha testemuña protexida identifica os presuntos asasinos de Jimmy, o siareiro do Dépor falecido en Madrid tras unha agresión. Recólleo La Opinión
A familia dunha nena de 12 anos tenta que o Clínico de Santiago acceda a outorgarlle unha morte digna. A doente padece unha enfermidade irreversible e o Comité de Bioética está de acordo, pero o servizo de Pediatría do CHUS rexéitao. É unha historia que conta a Cadena SER.
Barreras construirá un buque xemelgo do Reforma Pemex, segundo anunciou a petroleira mexicana tras a botadura dun dos buques encargados pola empresa azteca.
Íñigo Errejón asegura que Podemos perdeu votos en Catalunya por non priorizar a súa marca. O número dous do partido di que os malos resultados reafírmanos na súa idea de manter a súa denominación. "Iso reafírmanos nunha cousa: o nome de Podemos ten que figurar claramente na papeleta", dixo.
O PP accede a aprobar unha iniciativa do BNG para pedir a transferencia da AP-9. Faino apenas dous meses despois de rexeitar esta reclamación no Congreso dos Deputados e tras prometelo no seu programa electoral
A Deputación de Lugo celebra o que, previsiblemente, será o derradeiro pleno presidido polo PP. O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, di que "cando volvan as cousas ao seu sitio, se volven", explicará por que mudou de postura a respecto da moción de censura presentada a pasada semana e que, agás sorpresas, lle devolverá o goberno a PSdeG e BNG. Cóntao El Progreso