Pedro Sánchez confía en que un pacto con Ada Colau en Barcelona facilite a súa investidura
Fálase
O senador lucense do PSdeG Ricardo Varela integrarase temporalmente en Democràcia i Llibertat para permitir que a formación catalá teña grupo propio. Xunto a el participa no 'préstamo' do PSOE un deputado cántabro.
A CIG advirte que o Estado "non modificará o sistema de reparto das cotas" tras a xuntanza de hoxe en Madrid e aclara que é a Xunta quen ten que presentar un proposta consensuada polo sector. Acerga explicará en asemblea os contidos da reunión mantida polo sector e confirma o remate dos peches en varios Concellos galegos.
O PSdeG de Ferrol critica a Suárez e pide "garantías" para a continuidade do goberno de coalición.
Mariñeiros do cerco poñen fin a varios dos peches que mantiñan en varios Concellos galegos. En Madrid, mantense aínda unha xuntanza onde se decidirán as cotas para o sector galego.
A Xunta prepara un decreto que obrigará os bancos a notificaren as vivendas baleiras coas que contan en concellos de máis de 10.000 habitantes. O proxecto tratouse na xuntanza do Consello da Xunta, cuxa referencia pode ser consultada nesta ligazón.
A Xunta destitúe a Antonio García Quintáns como xerente da área de xestión integrada de Lugo e nomea a Ramón Ares, que abandona o cargo de director xeral de Asistencia Sanitaria.
Anticorrupción pide 4 anos e medio de cárcere para Rato e 6 para Blesa polas tarxetas 'black'. A Fiscalía pide que o exvicepresidente do Goberno pague 2,6 millóns e que Blesa achegue 9,3 polas cantidades gastadas mentres presidían Bankia e Caja Madrid.
PP e PSOE garanten a constitución dos grupos parlamentarios de ERC e Democràcia i Llibertat malia non acadaren a porcentaxe de votos que esixe o Regulamento, segundo informa Europa Press
Declárase a fin da epidemia de ébola en Liberia, a máis mortífera da historia. Cóntao Desalambre