Senllos asasinatos machistas acaban coa vida de dúas mulleres en Valencia e Valladolid. As vítimas mortais da violencia de xénero son xa 48 en todo o Estado no que vai de 2014.
Fálase
Irmandade TV e Radiofusión reivindican este luns nas redes sociais a iniciativa #Herdonovo, coa que apostan por consolidar os seus proxectos de radio e televisión mediante microfinanciamento.
Eldiario.es explica nunha infografía quen son os principais actores da batalla política da UE contra Google.
O PSdeG lamenta que edís "abandonen o barco" tras perderen as primarias para as eleccións municipais. Recólleo Faro de Vigo
Na Terceira galega, Pontevedra, Cerceda e Sanxenxo encabezan a clasificación
Alondras 1-2 Ordes
Xuventú Sanxenxo 3-1 Laracha
Cerceda 4-1 As Pontes
Ribadeo 0-3 Arousa
Deportivo B 2-0 Barbadás
Silva 2-1 Cultural Areas
Racing Vilalbés 0-0 Boiro
Ribadumia 5-0 Bertamiráns
Pontevedra 1-1 Rápido de Bouzas
Bergantiños 1-0 ChocoNa Segunda División, o Lugo caeu 2-1 ante o Sporting de Xixón, pero mantén unha cómoda décima posición na clasificación. Na Segunda B, vitorias do Rácing de Ferrol ante o Coruxo (2-0), do Celta B ante o Logroñés (4-2) e do Compostela ante o Somozas (1-0). Coruxo e Rácing son quinto e sexto, respectivamente
Xa se pode descargar o número 0 da revista dixital de literatura infantil e xuvenil Criaturas, que foi presentada esta fn de semana no Culturgal.
La Opinión analiza a situación de Alcoa. Crece o sospeita política e sindical de que a compañía usa como excusa o gasto enerxético para pechala
Henrique Monteagudo, secretario da RAG, advirte de que "o futuro do galego estásenos indo das mans". E alerta de que se o número de falantes cae por debaixo do 25% "será difícil de recuperar".
Os Riazor Blues concéntranse para anunciar a súa intención de continuar coa súa actividade. Nun manifesto acusan o consello de administración do Deportivo de "acoso".