Deportes. Fútbol. Na Segunda B, o Lugo perde o segundo posto tras empatar co Leganés (1-1), mentres que ao Coruxo fáltalle sumar un punto para conseguir matematicamente a salvación logo de empatar tamén co Conquense (1-1). O Celta B gaña e segue con vida, mentres que o Montañeros golea pero xa está en Terceira.
Fálase
Uns 30 membros da Liga Estudantil Galega péchanse na biblioteca de Torrecedeira, en Vigo, en protesta pola suba das taxas universitarias decidida polo Goberno central.
Eleccións en Grecia. As sondaxes a pé de urna prevén unha notable caída dos partidos tradicionais. O Parlamento grego quedaría moi fragmentado, cunha notable suba da coalición de esquerdas, que superaría o PASOK.
Deportes. O Valladolid empátalle ao Deportivo na última xogada do partido (1-1) e aperta a clasificación de Segunda. O Celta recórtalle puntos aos pucelanos e aos coruñeses.
Deportes. O Valladolid empátalle ao Deportivo na última xogada do partido (1-1) e aperta a clasificación de Segunda. O Celta recórtalle puntos aos pucelanos e aos coruñeses.
Eleccións en Francia. Hollande gaña os comicios. As sondaxes oficiais dan ao socialista o 51,7% dos votos, fronte ao 48,3% de Sarkozy. "Os franceses votaron polo cambio", di o que será novo presidente.
Seguidores socialistas comezan a chegar á Bastilla, o lugar da celebración oficial, confiando nun triunfo de Hollande que as sondaxes dan por feito, pero que non está nin moito menos seguro.
Eleccións rexionais en Alemaña. A CDU lograría a vitoria por moi estreita marxe en Schleswig-Holstein, segundo as sondaxes a pé de urna.
Deportes. O Club Patín Cerceda, subcampión de España en categoría junior, logo de perder na final contra o FC Barcelona por 5 a 2.
Eleccións en Grecia. O conservador Samarás vencería nos comicios segundo as últimas sondaxes a pé de urna. Cos primeiros datos, sete partidos entrarían no Parlamento. Nova democracia (entre 17% e 20%), Syriza (15,5% e 18,5%), Pasok (14% e 17%) e Amencer Dourado (6% e 8%).