O director de Asuntos Marítimos da CE admite que as redes do xeito "non son o problema" e asegura que coñece a súa situación. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
O director de Asuntos Marítimos da CE admite que as redes do xeito "non son o problema" e aclara que coñece a súa situación. Máis información, hoxe en Praza.
Detidos tres presuntos autores materiales do asasinato do ultra do Deportivo, segundo adiante El Confidencial.
Detidos tres presuntos autores materiais do asasinato do ultra do Deportivo, segundo adianta El Confidencial.
Mariñeiros do xeito despregan unha rede ante o Parlamento europeo na defensa do sector coa delegación encabezada pola representante do BNG, Ana Miranda. Neste momento, manteñen unha xuntanza con autoridades comunitarias.
ADEGA vén de interpoñer, co apoio da Plataforma Sarriana polo Río, un recurso contencioso-administrativo no TSXG contra a Xunta "pola chafallada xurídica" na denegación de protección para o ameneiral de Sarria
O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, informou este mércores ao Claustro da posible implantación de graos a tres anos, motivada polo proxecto de Real Decreto que modifica o RD 1393/2007. Segundo explicou Armesto, “é un cambio precipitado e inoportuno porque aínda non tivemos tempo de avaliar os resultados da implantación dos graos e, sobre todo, elevará o custe da formación universitaria para o estudantado porque os prezos de matrícula dos posgraos son superiores aos dos graos”.
Cabalos e lobos, a novela de Fran P. Lorenzo gañadora do premio Blanco Amor de Novela será finalmente publicada por Xerais en abril
A Revista Galega de Teatro convoca o V Certame de Banda Deseñada sobre Teatro, que este ano estará dedicado ao texto Imundação, da dramaturga portuguesa Marta Freitas. Nas catro edicións celebradas os gañadores foron Brais Rodríguez (Doentes), Diego Campos Omil (Hamster), Juan Molina Fernández (Belicosario) e Diego Blanco (2132)
Os Riazor Blues debaten a súa disolución, segundo publica La Voz de Galicia, unha decisión que se adoptaría nuns días