O 5% do territorio é propiedade de explotacións mineiras. Segundo El País Galicia, a Xunta prepara un macroconcurso para adxudicar dereitos caducados
Fálase
O Deportivo derrota a Las Palmas en Riazor (3-1), con goles de Juan Domínguez, Lassad e Riki, e mantén unha cómoda vantaxe sobre Celta e Valladolid a catro xornadas para finalizar a Liga. Podería ascender matematicamente esta fin de semana.
Vilamor estréase este 17 de maio en Ourense e esgota a venda anticipada de entradas, polo que os cines Cinebox tiveron que habilitar unha segunda sala para a estrea
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibida cunha protesta das traballadoras e traballadores de Benestar en Oleiros
A fuga masiva de depósitos ameaza con levar ao colapso os bancos de Grecia. Nun só día retiráronse 800 millóns de euros.
OQO celebra deste xeito o 17 de Maio que (tamén) é o Día Internacional contra a Homofobia
Xa está dispoñible con subtítulos en castelán o documental grego Catastroika, realizado polos autores do exitoso Debtocracy. Nesta ocasión analizan as consecuencias a medio e longo prazo en distintos lugares do mundo das privatizacións de activos e servizos públicos.
O Goberno apraza a marcha de ultradereita prevista para o día 25 para que non coincida coa final da Copa e para evitar posibles incidentes.
Montoro advirte que o Goberno ten un plan "ambicioso" en materia de privatizacións e di que é para favorecer o investimento e a creación de emprego, pero non para cadrar as contas.
O presidente da Xunta inaugurou esta mañá o lago artificial das Pontes, xurdido do asolagamento do antigo xacemento mineiro. Asegura Alberto Núñez Feijóo que será "unha oportunidade ambiental, paisaxística e turística para a comarca, para Galicia e para o noroeste de España". Mentres, colectivos ecoloxistas amósanse remisos ante o proxecto polo seu impacto ecolóxico.