O BNG fixa a súa Asemblea Nacional para os días 25 e 26 de marzo. Así o vén de decidir o Consello Nacional da formación. Máis información, este sábado en Praza.

O BNG fixa a súa Asemblea Nacional para os días 25 e 26 de marzo. Así o vén de decidir o Consello Nacional da formación. Máis información, este sábado en Praza.
Atopan en Vigo o cadáver dunha moza vítima dunha morte violenta da que se investigan as causas. Este venres unha muller foi acoitelada en Santiago pola súa ex-parella, que está a ser buscado pola Policía.
O PP dirime hoxe o seu liderado en Vigo, ao que optan os ex-conselleiros Elena Muñoz e Javier Guerra. Detállao Faro de Vigo
Ferida moi grave en Santiago unha muller acoitelada supostamente pola súa parella.
AUDIO | A RAG difunde unha gravación inédita de Manuel María a recitar xunto a Darío Xohán Cabana en 1970 para pechar o ano dedicado ao poeta da Terra Chá. Pódese escoitar no Portal das Palabras
A baixada das temperaturas trae de volta a neve a Galicia. Tráfico apela á precaución na contorna de Pedrafita do Cebreiro, onde a nevarada está a condicionar a circulación na A-6 e mais na estrada N-VI. O mapa de incidencias de tráfico pódese consultar nesta ligazón.
Búscase a Palabra do Ano, pero tamén hai quen anda á procura do neoloxismo do 2016. A votación aínda está aberta nesta ligazón
Abel Caballero manterá un encontro "de cortesía" con Xulio Ferreiro na súa visita á Coruña para a inauguración do retrato do ex-alcalde Francisco Vázquez no Pazo de María Pita. Detállao La Opinión de A Coruña.
Entidades políticas e sociais catalás únense para apoiar a Carme Forcadell, presidenta do Parlament, que hoxe declara como investigada por permitir un debate sobre a autodeterminación que o Tribunal Constitucional esixira prohibir. Cóntao Catalunya Plural
O director de Informe Semanal acusa o Consello de Informativos de TVE de "usar a linguaxe de ETA" por se referir ao "cesamento da violencia" da banda.