A fiscal do proceso que xulga a Rita Maestre pola súa protesta nunha capela católica da Universidade Complutense oponse ao recurso da Defensa afirmando que “as señoritas están no seu dereito de alardear de ser putas, libres, bolleiras, ou o que queiran ser, pero esa conduta realizada no Altar implica un ánimo evidente de ofender”
Fálase
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, segue sen confirmar se se presentará ou non ás primarias do PSdeG-PSOE, sinalando que "aínda hai marxe tempo". Afirma que "o PSOE non é portavoces de 60 e pico anos e xente que leva 50 anos nun escano"
As bases de IU ratifican un acordo con Podemos para o 26-X. Un 84,5% vota a favor e un 13,1% en contra. O 2,4% dos chamados a votar abstivéronse.
Cada unha das xuntanzas de Dillo Ti ten un custe de entre 600 e 700 euros, aos que hai que engadir uns 20 mil polo deseño e a campaña de comunicación. O Concello achegou os datos en resposta ás críticas da oposición
Concentracións contra as reválidas e a Lomce en varias vilas e cidades galegas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público insiste no boicot ás probas que se celebrarán a vindeira semana.
Compromís repetirá o seu pacto con Podemos malia non lograr grupo propio no Congreso. Ambas as formacións están dispostas a ir xuntas o 26-X á espera de que se una Esquerra Unida.
Bruxelas recoñece que as negociacións do TTIP están a entrar en vía morta. O xefe negociador da UE recoñece que o futuro do acordo está condicionando a unhas cesións dos EUA que ve moi difíciles.
A número dous de Podemos-Galicia traballou para o PSOE ata febreiro. Celtia Traviesas foi asesora do presidente da Deputación de Lugo durante varias semanas para logo ser a candidata máis votada da formación morada nas súas primarias.
A Coruña crea unha oficina para mediar en desafiuzamentos e prestar asesoría xurídica. O obxectivo é chegar a acordos entre propietarios ou bancos e particulares.
Todos os partidos españois en Bruxelas agás o PP esixen que Cañete se explique na Eurocámara. PSOE, Podemos, Ciudadanos e IU mobilízanse para que responda tras coñecerse que a súa dona se acolleu á amnistía fiscal.