A empresa coruñesa AllGenetics e a compostelá Galchimia, gañadoras da segunda edición dos Premios Galicia Spin-off, galardóns organizados polo Banco Pastor e o portal GCiencia, que recoñecen as mellores empresas nacidas dende o eido universitario
Fálase
O Concello de Cambados acolle este venres a entrega do 15º premio Plácido Castro de Tradución a Marta Dahlgren pola súa versión en galego de Kallocaína, de Karin Boye. Será ás 12 do mediodía.
Felipe González di que Pedro Sánchez lle anunciou que se abstería na segunda votación da investidura de Rajoy e que agora se sinte “enganado”.
Morre aos 93 anos o ex-presidente israelí Simon Peres, Nobel da Paz.
O Congreso crea unha comisión de investigación sobre o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e as gravacións nas que conspiraba contra políticos cataláns. Pero unhas novas eleccións pararían os seus traballos.
Cáritas alerta de que aínda que o pasado ano tivo que emprestar axuda a menos persoas que en anos anteriores, aquelas familias en situación de pobreza empeoraron o seu estado. A entidade presentou a súa Memoria 2015, sinlando o crecemento das desigualdades en España.
VÍDEO | O proxecto Apego lanza un vídeo para animar a falar galego coa infancia. A rede, impulsada dende a CTNL, está formada por unha vintena de concellos que aglutinan case á metade da poboación de Galicia.
O Concello de Monterroso organiza un referendo para decidir a data das festas da vila. Cóntao El Progreso
O xulgado confirma o procesamento do PP polo borrado dos discos duros de Bárcenas. A xuíza vén de rexeitar os recursos formulados polo partido e mais a Fiscalía. Cóntao a SER
A CNN analiza as verdades e mentiras de Donald Trump e Hillary Clinton no seu primeiro debate cara ás presidenciais estadounidenses